Top

Natrix maura

Natrix maura

Esta fotografía foi tomada durante unha mostraxe de biodiversidade no ámbito da Estación de HidrobioloxíaEncoro do Con” (USC) en Vilagarcía de Arousa. Tanto as cobras viperinas (Natrix maura) coma as cobras de colar (Natrix natrix) adoitan ser bastante fuxidías, en canto detectan a presenza humana foxen cara á masa de auga próxima da que non se adoitan afastar. Esta Natrix maura está aletargada xa que acababa de engulir unha lagarta dun tamaño considerable, grazas a iso puidémonos achegar o suficiente como para tomar a fotografía, a pesar de non dispoñer de material fotográfico especializado.