Top

Natureza Matemática

Natureza Matemática

Nesta fotografía quixen ilustrar a relación entre a natureza e a ciencia actual, entre o natural e o dixital.
Hai exemplos moi coñecidos de relación entre as matemáticas e a natureza, como a sucesión de Fibonacci, relacionada co número de ouro, que representa mediante unha constante os modelos de crecemento dalgunhas plantas, caracois, cornos de animais… e que é tamén utilizada en moitas expresións artísticas e de enxeñaría.
Grazas ao sistema binario, que é a base da informática, esa imaxe natural convértese en imaxe dixital, e unha sinxela rosa matematicamente perfecta transfórmase, aos ollos da informática, nunha sucesión de ceros e uns aparentemente incomprensibles pero capaces de representar as formas máis belas da natureza.