Top

Non mires abaixo

Non mires abaixo

Acrofobia, medo irracional e esaxerado ás alturas ou a chegar a caer, que desenvolve unhas respostas emocionais cando unha persoa se encontra a certa altura e que provoca un malestar psicolóxico.
A acrofobia nunha persoa pódese dar por varios motivos: pode darse nunha persoa que pensa continuamente que está en perigo, outra causa relaciónase coas malas experiencias vividas e tamén por unha disfunción no sistema do equilibrio, que reside no oído e que producirá mareos ou desmaios.
O oído é o responsable do equilibrio e da audición e este encóntrase na parte interna do óso temporal. Pola súa banda o equilibrio contrólase grazas ao movemento da endolinfa contida nas canles semicirculares e ao mover a cabeza este líquido introdúcese dentro destas canles. As canles dispoñeranse en tres direccións diferentes polo que nos permite captar movementos e xiros en distintas direccións e a endolinfa xira no sentido contrario ao movemento da cabeza. Calquera dano neste sistema provocará a perda do equilibrio, o que irá relacionado coa acrofobia.