Top

A NOSA ESTRELA

A NOSA ESTRELA

É fascinante pensar que unha das cousas máis importantes que temos na Terra é o Sol. É marabilloso, verdade? Mirar ao ceo, ver as estrelas, pensar no bonitas que son e ás veces non nos decatamos de que a estrela máis bonita que temos é o Sol. Pero ademais de ser bonita, é moi importante porque grazas a el obtemos a Vitamina D que necesitamos para vivir.
Co Sol tamén crecen plantas e árbores, os cales son imprescindibles para nós. Axúdannos, non só co proceso da obtención e expulsión de gases (principalmente dióxido de carbono e osíxeno), senón que tamén nos fortalecen física e interiormente xa que o Sol coa súa luz e as plantas coas súas cores vivas, dannos a alegría que necesitamos para poder seguir adiante.