Top

OLAS DE CONCIENCIA

OLAS DE CONCIENCIA

Cando imos á praia e nos bañamos no mar, nunca nos paramos a pensar Que importancia teñen as ondas? Poderían servir para algo?

As ondas son o resultado do efecto do vento soprando ao longo de centos de miles de quilómetros en mar aberto, o que provoca unha transferencia de enerxía cara á superficie do océano. Esta enerxía chamada cinética, que consiste na forza que posúe un corpo a partir dun movemento, é a que crea as ondas que podemos observar na nosa fotografía.

A enerxía das ondas varía dun punto a outro: canto máis afastada do Ecuador máis enerxía terá, aínda que outras condicións como a profundidade ou o tipo de costa tamén determinan a enerxía ou “forza” das ondas. A enerxía que posúen as ondas durante o seu movemento pode ser absorbida para crear electricidade; esta enerxía é chamada undimotriz ou olamotriz.

Esta enerxía ten moitas vantaxes como que é unha enerxía limpa, renovable, sostible e ademais as ondas son un recurso natural inesgotable.

Utilizar a enerxía que provén das ondas a pesar de ter un alto custo económico, proporcionaría unha gran cantidade de emprego e, utilizar a enerxía que provén das ondas a pesar de ter un alto custo económico, permitiría avanzar cara a unha economía moito máis sostible.