Top

Gústavos os meu “selfie” ?

Gústavos os meu “selfie” ?

Un día de mergullo en Vilagarcía, para probar a miña cámara subacuática,me encontrei con este lorcho que mirou fixamente á cámara, momento que aproveitei para facer esta foto. Este peixe chámase Gobius niger, vive en fondos de area ou lama. Aliméntase de pequenos invertebrados, como poliquetos, moluscos e crustáceos. Os ovos, que depositan en cunchas ou baixo as rochas, son protexidos polos machos.