Top

Paramecios

Paramecios

Os paramecios son protozoos ciliados, con forma ovalada, que habitan comunmente en augas doce, estancadas e con abundante materia orgánica. Están recubertos de cilios de pequena lonxitude que lles permiten moverse e alimentarse na auga, xa que actúan coma se fosen miles de remos en movemento. Este movemento, débese á contracción e relaxación de xeito coordinado dos cilios cos que poden dirixirse cara a diante ou cara atrás, realizando un movemento en espiral. Tamén poden frear con rapidez ou cambiar de dirección ao encontrar unha barreira ou un estímulo negativo. Na foto pódense ver os paramecios tinguidos con colorantes e dentro de cada un deles pódese observar o macronúcleo que contén as copias do cromosoma e intervén no funcionamento da célula. A parte externa da célula está rodeada dunha película semirríxida que mantén a forma do paramecio e na parte interna, encóntrase a membrana citoplasmático.