Top

PENSAMENTOS VERDES

PENSAMENTOS VERDES

Pode o peixe cebra, un pequeno e vivo peixe teleósteo, axudarnos a entender os misterios do noso cerebro? Ou aspectos do noso desenvolvemento embrionario? E patoloxías que nos afectan aos humanos, como o Alzheimer ou a Fibrose Quística? A resposta é si. E moito!
O peixe cebra deu o salto aos laboratorios de investigación a mediados dos 90. Dende entón, a súa utilización en ciencia non fixo máis que aumentar. O seu xenoma, desenvolvemento embrionario e fisioloxía é moito máis similar a nós do que a priori puideses pensar. Polo tanto, pode axudarnos a entender moito de nós mesmos, tanto en condicións normais como cando padecemos algunha enfermidade. A larva de peixe cebra é moi pequena e transparente. Polo que podemos colocala baixo un microscopio e observar, entre outros, como se organizan as células para formar órganos durante o desenvolvemento embrionario ou como se acenden as neuronas cando se activan. E todo isto en vivo e en directo!
Na imaxe, vemos unha larva de peixe cebra de 5 días despois de realizar unha tinguidura para mostrar certos tipos de neuronas no seu cerebro (verde).