Top

Pequenas grandes cousas

Pequenas grandes cousas

Seguro que todos vos fixestes dalgunha forma grandes preguntas, esperando grandes respostas. Pero se vos parades a pensar, non estamos de verdade a convivir con seres realmente incribles, que pasan desapercibidos polo seu pequeno tamaño?. O que buscaba con esta foto é precisamente isto, mostrar a estes pequenos insectos e as súas grandes obras. Son estes pequenos detalles nos que me gusta centrarme. E aos que, grazas aos avances da ciencia puiden chegar. A través de observar o que nos rodea e o que hai sobre nós e baixo os nosos pés. Porque para facer grandes fotos non só hai que ver a marabillosa posta de sol, se non os paxaros que voan silenciosamente cruzando as nubes. Non hai que fixarse só na flor de vivas cores, se non nesa pequena gota de orballo que cae polo seu pétalo e que fai perfecta a foto.