Top

PERDIDO NA CIDADE

PERDIDO NA CIDADE

Os xabarís están a perder o seu hábitat ao igual que moitos outros animais. Decidín facer este debuxo porque é un animal que me encanta e estivo presente na miña infancia. Os xabarís xa case non se encontran no seu propio hábitat, é máis común velos en plena cidade, perdidos e desorientados. Están aí en busca de comida e un sitio onde vivir porque a construción masiva destruíu as súas casas, os seus refuxios e puxo o seu mundo patas arriba. Eles só van en busca de comida, refuxio para sobrevivir e poder alimentar ás súas crías. A xente ao velos asústase e féreos porque pensan que son perigosos, non obstante, son inofensivos, de feito eu recordo darlles de comer da miña man sen temor e non sufrín ningunha dentada nin ataque ningún.