Top

Que Vida máis Dura!

Que Vida máis Dura!

Bolbosoma balaenae este acantocéfalo tan gracioso é un parasito, que como vedes primeiro vive e se desenvolve dentro do cefalotórax do eufausiáceo Nyctiphanes couchii. Este optou por un dos modos de vida máis resultóns e con maior éxito na evolución animal, o parasitismo.Aí onde o vedes está esperando a ser comido xunto co seu hospedador (o eufausiáceo) por un dos animais máis grandes do reino animal, o rorcual común. Este cistacanto cando entre no estómago da balea se liberarase do eufausiáceo grazas ao traballo dos ácidos gástricos e nese momento evaxinará a súa arma de ancoraxe, dotada de ganchos que lle permitirán atravesar a parede intestinal e fixarse a ela (vaia dor de bandullo para a balea)! Alí ancorado só ten que crecer alimentándose do que a balea lle proporciona. Que vida máis dura! Cando chegue a adulto reproducirase e as femias poñerán os seus ovos no intestino da balea e esta liberaraos ao medio a través das súas feces. Xa vedes que ben viven estes parasitos, eh? Cando os ovos do parasito cheguen ao medio, algúns eufausiáceos incautos inxeriranos e voila! Pecharase o seu ciclo vital!