Top

Raios de sol

Raios de sol

Unha das características máis fascinantes do desenvolvemento do cerebro é a creación de conexións entre rexións cerebrais específicas. No proceso de crecemento axonal as neuronas estenden os seus axóns de forma ordenada e precisa para conectar con rexións concretas do cerebro. Este proceso é crucial na definición de conexións entre as neuronas cerebrais especialmente durante o desenvolvemento embrionario. Varios mecanismos interveñen para regular este proceso e definir a dirección de crecemento do axón.
A imaxe mostra un experimento in vitro levado a cabo no laboratorio da doutora Guillermina López-Bendito. Despois de cultivar un explante de tálamo durante dous días, os axóns da neuronas talámicas crecen en todas as direccións. Neste estudo demostrouse que a actividade eléctrica espontánea destas neuronas regula a velocidade de crecemento axonal durante o desenvolvemento embrionario.
Este descubrimento supón un avance significativo á hora de entender os mecanismos implicados na formación de conexións no cerebro e axudaranos a entender mellor as bases moleculares das enfermidades nas que a formación das devanditas conexións se ve afectada, como a epilepsia ou a esquizofrenia, ademais de deseñar accións futuras de reparación e/ou rexeneración do tecido neuronal.