Top

Repostciencia

Repostciencia

Con esta fotografía quero mostrar que ata na repostaría existe e está presente a ciencia. E preguntarédesvos… Onde, por que? Ben, pois nun dos ingredientes que levan estas madalenas e está na receita, o fermento.
O fermento son unha serie de fungos que se caracterizan por poder realizar a fermentación de diversos corpos orgánicos. Esta utilízase tanto para a repostaría coma para a cociña. Grazas a isto o noso padal amplíase e coñece novos sabores. Pero para poder utilizala antes hai que elaborala. Obtense grazas a uns procesos químicos nos que se utilizan determinados microorganismos.
A foto fíxena ao acabar de facer unha das miñas sobremesas favoritas e cando estaba a buscar unha foto para presentarme a este concurso decidinme por esta.
Con esta imaxe quero centrar a atención nesas cores naturais amarelas, laranxas e marrons das madalenas dende un punto de vista diferente.