Top

Rhizobium

Rhizobium

As bacterias exhiben diversas formas de crecemento sobre os medios de cultivo sólidos, neste caso, pódese apreciar como esta colonia crece de xeito radial e vai deixando depósitos de celulosa en cada un dos aneis que forma. Esta cepa é unha bacteria do xénero Rhizobium, un xénero coñecido polas súas connotacións positivas en agricultura e as súas interaccións beneficiosas como endófito ou como bacteria promotora do crecemento vexetal (PGPB) en plantas non leguminosas. A produción de celulosa por parte das bacterias pode ser un factor esencial para adherirse ás plantas xa que posteriormente poderían formar biofilms que contribúen ao crecemento, desenvolvemento e defensa da planta.