Top

Rozando o ceo

Rozando o ceo

Esta foto está sacada dende o alto do Top Of The Rock en Manhattan, Nova York. No centro desta imaxe podemos observar o Empire State, a grande estrutura simbólica de Manhattan. Este grande edificio ten 103 plantas e foi por moito tempo o edificio máis alto do mundo. Levou un gran proceso tecnolóxico e a súa construción durou ao redor de corenta anos, e iso é o que trata de expresar esta imaxe, todo ese desenvolvemento e esforzo na tecnoloxía para construír semellante torre. Tamén podemos observar ao fondo da imaxe, o edificio actual máis alto de Nova York, One World Trade Center. E con esta foto non quero soamente expresar o esforzo tecnolóxico que se tratou nestas dúas impresionantes estruturas, senón a tecnoloxía que se levou para producir unha simple ventá ou baldosa, que chegaron a formar estes dous edificios e mesmo toda esta preciosa cidade.