Top

Seguindo os pasos do lobo

Seguindo os pasos do lobo

Son unha alumna do CPI Poeta Uxío Novoneyra situado no concello de Folgoso do Courel. Vivimos nunha bonita zona de montaña.

Xunto cos meus compañeiros de clase de Bioloxía, decidimos comprobar se nunha zona como esta existían lobos. Realizamos varios percorridos pola serra do Courel e buscamos sinais deste incrible animal. Debido a dificultade de distinguir unha pegada dun lobo e a dun can, utilizamos como indicativo da súa presenza os excrementos, xa que estes levan pelos e ósos.
O resultado final foi un traballo sobre o lobo no Caurel, que por se aínda tedes dúbidas, si que existe no Caurel. Esta fotografía foi tomada por nós un día de neve mentres buscabamos sinais da súa presenza.
A principal causa pola cal nos interesamos polos lobos foi, por unha banda, porque dubidabamos da súa existencia xa que había tempo que non se producían danos na gandeiría. Por outra banda, despertaba curiosidade esa mala reputación que ten aquí. Dito doutro xeito, os habitantes do Caurel sempre lle tiveron medo os lobos polas historias que os seus antepasados lles contaban. ESto levounos a descubrer o odio irracional dalgunhas persoas a este último gran carnívoro da serra courelá.