Top

Sol, auga e neve

Sol, auga e neve

Esta foto está sacada en Vaqueira, e representa a neve desprendida por canóns. Os elementos básicos que se necesitan á hora de xerar neve cun canón son auga e aire presurizado. As estacións de esquí extraen a auga dalgún río ou lago próximo. Os canos distribúen a auga por todos os canóns da estación. Na devandita planta o aire, ademais de ser comprimido, é arrefriado e tamén se lle retira a humidade. Unha vez que o proceso chega á súa fin, este aire distribúese ata os canóns. Ao chegar á superficie expulsan auga vaporizada grazas ao proceso anterior, que, só con baixas temperaturas, consegue converterse en neve ata a súa caída. Volvendo á produción da foto, ao sacala dende o telecadeira, conseguín combinar a auga expulsada converténdose en neve, xuntándoa co sol, o que lle dá un efecto moi bonito.