Top

Stemfie

Stemfie

Avanzar no coñecemento sobre os organismos que nos rodean é fundamental para o desenvolvemento. En concreto a fotografía representa a sección transversal do talo da planta modelo en bioloxía vexetal Arabidopsis thaliana. Se se observa con detemento a imaxe, é posible apreciar as diferentes capas celulares que compoñen a estrutura do talo. Na parte máis exterior e cunha cor verde escuro aprécianse a epiderme, da que parten os tricomas e o córtex. En ton azulado vense os tecidos implicados no transporte de substancias ao longo da planta, o floema e o xilema. Finalmente no eixe central, aparece a medula formada por células grandes.