Top

Sulfato de cobre

Sulfato de cobre

 

O sulfato de cobre é un composto químico derivado do cobre que forma cristais azuis solubles en auga, glicerina, metanol e lixeiramente solubles en alcohol.
Ten numerosas aplicacións: como alguicida no tratamento de augas, fabricación de concentrados alimenticios para animais, fertilizantes, pesticidas, industria do coiro, pigmentos, baterías eléctricas, recubrimentos galvanizados (recubrimentos de cobre ácido por electrodeposición). Dales de cobre, medicina, procesos de gravado y litografía, industria do petróleo, caucho sintético, tratamento do asfalto natural, colorante cerámico, e preparados medicinais como a auga de alibour.
O sulfato de cobre serve á parte de todo o demais para facer cristais que poden chegar a ser enormes con moito tempo. En clase tivemos a oportunidade de fabricar e ver cristais desta substancia a microscopio.
Os pasos que seguimos foron:
-disolver sulfato de cobre en auga.
-deixar unha gota da disolución nun portaobxectos.
-deixar que a auga se evapore ao longo dun día.
-contemplar os cristais a microscopio.
Custounos un anaco aprender a enfocalos, pero pagou a pena porque son moi bonitos.