Top

Supernova

Supernova

Durante o desenvolvemento embrionario os vasos sanguíneos xéranse a partir de precursores mesodérmicos mediante o proceso de vasculogénesis, mentres que en individuos adultos se poden formar novos vasos sanguíneos a partir do leito vascular preexistente mediante o proceso de angiogénesis. A desregulación destes procesos está implicada en múltiples enfermidades que afectan a máis dun millón de persoas en todo o mundo, como certas patoloxías oculares, o cancro, asma, diabete, esclerose múltiple ou SIDA. No laboratorio de Diferenciación Celular do Instituto de Biomedicina da Universidade de León, dirixido pola Doutora Marín, desenvolvemos modelos celulares apropiados para a identificación e estudo de factores implicados na formación de vasos sanguíneos.

Na imaxe móstrase un modelo de diferenciación endotelial en tres dimensións a partir de células troncais embrionarias, “células nai”. En vermello están marcados os brotes vasculares (células CD31 positivas) e en azul os núcleos das células (DAPI). Este modelo de diferenciación a endotelio recapitula estadíos da vasculogénesisembrionaria e a formación de brotes angiogénicos, representando unha ferramenta fundamental para o desenvolvemento de novas terapias contra o cancro e as enfermidades vasculares.