Top

Tecnoloxía en Estado Puro

Tecnoloxía en Estado Puro

Unha minúscula araña teceu a súa rede entre dous bonsáis do balcón da miña casa.
A fotografía ilustra un dos prodixios técnicos do mundo animal: matematicamente perfecta pola súa forma xeométrica (ocupando o maior espazo posible co mínimo material), pola súa forma de realización (primeiro os raios e logo as espirais concéntricas) e pola súa flexibilidade e resistencia (máis que un cable de aceiro da súa mesma sección).
Pode ser considerada ademais como a mellor representación gráfica e inspiración do significado actual da World Wide Web, arañeira mundial de ordenadores, cun modelo de comunicación similar baseado nas súas múltiples interconexións.
Unha vez máis o estudo da natureza é o mellor instrumento para o avance da ciencia, e o ser humano converteuse no nexo de unión entre o network animal e o network artificial que resultaba impensable fai non demasiados anos.