Top

Tecido con moito gusto

Tecido con moito gusto

Encontrámonos ante unha fotografía realizada con microscopio óptico, na que podemos observar tecido muscular, concretamente de lingua de gato. O tecido muscular é o responsable dos movementos corporais, está constituído por células alongadas, as fibras musculares, caracterizadas pola presenza de gran cantidade de filamentos citoplasmático específicos.

Na fotografía aprécianse claramente as células alongadas, papilas cónicas con forma de corno e duras que proporcionan o aspecto áspero á lingua do gato, e que xunto a outras moléculas como a queratina e as papilas filiformes lle facilitan tarefas cotiás. Sirvan como exemplo: a alimentación (permítenlle atrapar e esgazar o alimento máis doadamente), limpeza (o seu instinto de supervivencia fai que tras alimentarse, o gato se lave para eliminar o olor da súa pelaxe e así evitar que os seus posibles depredadores o detecten), inxestión de líquidos (para beber curvan a lingua cara a atrás e ao xirala impulsan o líquido cara a arriba de maneira que unicamente teñen que succionalo).

Con esta imaxe temos unha visión distinta á habitual de algo tan común como a lingua do gato que todos coñecemos pola súa aspereza.