Top

Tocando a bioloxía

Tocando a bioloxía

Así é como chego eu ás imaxes na materia de bioloxía, tocando.
Nestas fotografías podedes observar representacións do virus Ébola e o seu xeito de infectar os seres vivos, e eu, a través do tacto, podo “ver” tamén como é e comparalas con outras cousas que toquei previamente.
Así, na primeira imaxe que se aprecia o virus coa súa forma, para a miña é moi parecida á dunha serpe enroscada. Aínda que na realidade mide 0,5 micrómetros!!. Na parte inferior tamén se pode ver o virus coas súas distintas partes: a membrana viral, as glicoproteínas e o núcleo coa capa de proteínas que permiten a súa reprodución e o xenoma ARN.
Na segunda foto móstranse os distintos procesos mediante os cales o Ébola infecta os seres vivos.
As fotografías anteriormente descritas están sacadas dunhas láminas en relevo feitas pola coordinadora da ONCE, María Blanco Álvarez, a quen agradezo a súa axuda por achegar a bioloxía ás persoas invidentes dunha forma tan creativa.