Top

Un camiño sen fin

Un camiño sen fin

A natureza que nos rodea é impresionante e debemos decatarnos. Algunhas persoas non se decatan das marabillosas paisaxes polas que pasamos e observamos cada día. En todas partes do mundo, vaiamos onde vaiamos haberá algunha imaxe dos arredores que nos impacte e que nunca vaia a borrarse da nosa cabeza. E esa é a razón pola que saquei esta foto. Un camiño sen fin. Debido ao cambio de temperaturas, as árbores caducifolias ou tamén chamadas de folla caduca, tenden a perder as súas follas deixando un manto de cores sobre a terra onde estes se atopan.

A imaxe foi tomada nos xardíns do Castelo de Bunratty, en Irlanda.