Top

Unha Galaxia nunha Célula

Unha Galaxia nunha Célula

Sempre nos ensinaron que a célula é a unidade morfolóxica e funcional de todo ser vivo, aínda que dentro de cada célula hai unha galaxia en constante evolución e adaptación. Esta célula é un preadipocito do tecido adiposo epicárdico do corazón. O seu núcleo, o sol da galaxia, é o centro de millóns de estrelas marcadas con anticorpos fluorescentes. Coñecer como se comporta este universo é un dos retos máis complexos e apaixonantes da ciencia e da medicina.