Top

Unha mirada de 360 graos

Unha mirada de 360 graos

Dende o grupo de investigación Aprendizaje en Entornos Clínicos Reales e Simulados (AECRESI) recreamos unha asistencia sanitaria a un motorista que sufriu un accidente de tráfico. Simuláronse e maquilláronse feridas e lesións na pel e tecido musculoesquelético. O sanitario realiza a actuación usando unhas Google Glass que lle permiten a conexión en streaming co Centro Coordinador de Emerxencias 112, dispoñendo dunha comunicación interactiva cos médicos do devandito centro.