Top

Urban Electronic

Urban Electronic

Pode ser unha casualidade ou soamente un simple feito de botarlle imaxinación e crer ver a relación que existe entre o medio urbano e a variedade de elementos que compón un aparato electrónico, neste caso, un ordenador. Se alguén é un pouco creativo poderá apreciar con facilidade esta similitude que hai, por exemplo: ás caravillas de cor laranxa pódense interpretar como ás plantas duns edificios; os condensadores cilíndricos negros, con tanques dalgunha fábrica de produtos químicos; a caravilla de cor amarela cun bloque de edificios dalgunha cidade bastante habitada… e así cos demais compoñentes que se poden apreciar. Para isto hai que deixar de ter en conta unha cousa: o tamaño do compoñente co tamaño do obxeto que somos capaces de comparar na realidade, xa que dese modo non ten sentido a comparación ou similitude. Para todo isto hai que ter, repito, unha pouca de imaxinación, nada máis. Sodes quen de facer algunha similitude?