Top

Variabilidade xenómica

Variabilidade xenómica

O xenoma humano está composto de 22 pares de cromosomas (do 1 ao 22) e o par de cromosomas sexuais (X e Y). Os cromosomas individuais varían en tamaño dende aproximadamente 50 Mb (cromosoma 21) ata ao redor de 250 Mb (cromosoma 1), e xuntos compoñen o noso xenoma humano de 3Gb.

O software de visualización CIRCOS trata de resumir nun só gráfico circular a enorme cantidade de variantes que un xenoma pode conter, dispoñéndoa en aneis concéntricos onde a información de cada cromosoma queda agrupada en forma de cuña. Permite representar dende variabilidade puntual a nivel de base ata reordenamentos estruturais, pasando polas interaccións entre xenes relacionados con enfermidades que se encontran na mesma ruta bioquímica ou o grao de similitude entre rexións do xenoma.

Fonte: http://circos.ca/intro/genomic_data/