Top

Verde, que te quero verde

Verde, que te quero verde

Con esta foto, quero poñer de manifesto a importancia que ten a tecnoloxía na ciencia actual. A imaxe foi tomada a unha placa “multi-well” de 96 pocillos pequenos, onde se estaba a levar a cabo un ensaio de fluorescencia.
Ciencia e tecnoloxía convertéronse en dous aliados inseparables, a primeira fase de experimentación pode requirir de certo grao de tecnoloxía, pero no momento no que rematas o experimento, é cando a tecnoloxía adquire o maior protagonismo. A imaxe de fluorescencia foi o primeiro paso neste experimento, posteriormente esas imaxes foron analizadas con diferentes aplicacións desenvolvidas especialmente para este tipo de experimento.
Hoxe en día, e grazas á tecnoloxía, pódese obter dun só experimento unha gran cantidade de información, xerar tal cantidade de datos que se fai imposible a súa xestión, para o cal, evidentemente, xurdiron programas e aplicacións que che facilitan a tarefa.