Top

Viaxe da luz dende o sol á terra

Viaxe da luz dende o sol á terra

Esta foto fíxena no Parque Natural da Baixa Limia Serra do Xurés.
Cando chega o atardecer o ceo tínguese de vermello e a medida que o sol se achega cara ao horizonte o ceo tínguese de pinceladas laranxas, vermellas e amarelas.
A luz vai dende o Sol á Terra sen alterarse ata que penetra na atmosfera. E ao chocar coas partículas que compoñen a atmosfera (po, gotas e cristais de auga, sal e as moléculas que forman o aire: osíxeno, nitróxeno e gases nobres) os raios de sol son absorbidos e a continuación emiten as partículas de luz como bólas de billar.
O nitróxeno e o osíxeno dispersan máis a cor azul e violeta emitíndoas en todas as direccións, mentres que deixan pasar os tons laranxas e vermellos en liña recta. O resultado é un ceo celeste uniforme. Pero pola tarde o sol está baixo e os tons azuis sofren tal dispersión que non chegan aos nosos ollos mentres que o laranxa, vermello e amarelo si. Cantas máis partículas sólidas hai suspendidas no aire máis coloridos e saturados son os atardeceres. A luz avermellada do atardecer débese a que das lonxitudes de onda que compoñen a luz branca, a correspondente ao vermello é a última en desaparecer cando o Sol se oculta.