Top

Vida Translúcida

Vida Translúcida

A imaxe mostra embrións de rato a día 14.5 de desenvolvemento (o desenvolvemento embrionario completo é de 21 días) dende dous ángulos diferentes. O embrión non está marcado, úsase a propia autofluorescencia dos tecidos para obter a imaxe en 3D. Na imágenresaltan ollos e fígado como tecidos especialmente autofluorescentes. Esta imaxe foi tomada coa técnica MacroSPIM, que permite a reconstrución tridimensional do especimen completo. Combináronse dúas canles para diferenciar a superficie dos embrións (gris-azulada) e os órganos (alaranxado). Esta técnica é un grande avance no estudo morfolóxico do desenvolvemento embrionario.