Top

VIVIR NUNHA PLANTA

VIVIR NUNHA PLANTA

Os fungos endófitos de plantas son microorganismos capaces de infectar os tecidos vexetais sen causar síntomas de enfermidade nos seus hóspedes. A investigación con respecto a esta relación simbiótica está a descubrir que existen especies que mesmo poden ser beneficiosas para as súas plantas hóspedes, conferíndolles tolerancia a patóxenos e herbívoros, ademais de a estreses abióticos como as altas temperaturas e a seca. Na fotografía pode observarse unha placa petri cun fungo en medio PDA (ágar de pataca e dextrosa), que foi illado a partir de raíces da gramínea Stipa gigantea, a cal é capaz de vivir en chans pobres.