Top

VIXÍAS AMBIENTAIS

VIXÍAS AMBIENTAIS

Os liques son seres enigmáticos produto dunha perfecta asociación simbiótica entre un organismo micobionte (un fungo heterótrofo) e outro fotobionte (algas ou cianobacterias autótrofas) que rara vez poden existir por si sós. Esta peculiar simbiose fai que a súa bioloxía conte cunhas singulares características como a ausencia de cutícula vexetal (capa protectora), o mantemento dun metabolismo activo en ambientes extremos ou un lento crecemento. De este xeito, as 14.000 especies de liques que a día de hoxe están identificadas, son capaces de adaptarse a medios moi diversos (deserto, alta montaña, trópico ou clima morno) presentando unha ampla distribución ao largo do planeta. Non obstante, estas características tamén converten aos liques en organismos moi sensibles ó estres ambiental especialmente á contaminación atmosférica, a eutrofización e o cambio climático. De aí que sexan uns dos organismos máis empregados como bioindicadores da calidade ambiental do medio onde viven.