Top

Voando Vou

Voando Vou

Ola, eu elixín unha foto dunha libélula xa que me parece un insecto incrible e moi belo. Como estudo un ciclo de anatomía patolóxica necesito ter coñecemento da fotografía por iso neste caso elixín unha fotografía cun primeiro plano enfocado, a libélula, e un segundo plano desenfocado, neste caso o río. Este efecto conseguíno co zoom da cámara fotográfica.
As libélulas son insectos que viven preto de lugares como terras pantanosas, charcos, lagos e como podemos ver nesta imaxe, ríos.
As libélulas son moi importantes no medio xa que actúan como controladoras de poboación de mosquitos e moscas que poden transmitir enfermidades. Ademais de moscas e mosquitos tamén se alimentan doutros insectos como poden ser bolboretas, abellas ou trazas. Para cazar as súas presas as libélula usan a camuflaxe e a súa gran rapidez de actuación.