Top

¡¡¡¡ E eu con estos pelos!!

¡¡¡¡ E eu con estos pelos!!

Un dos aspectos máis importantes á hora de diferenciar e describir as variedades de vide (ampelografía), é a presenza de pelos nas follas, así como o tipo destes. Algunhas variedades presentan unicamente os denominados pelos ergueitos (forma de pequenas espiñas), outras só tombados (con forma de febras de fío) e outras ambos os dous tipos de pelos á vez. Na fotografía móstrase unha imaxe realizada a microscopio electrónico de varrido, dunha antiga variedade cultivada en Galicia e practicamente descoñecida, o Branco Lexítimo. A devandita variedade non está incluída na Lista Española de variedades de vide o que impide, dende o punto de vista legal, a súa plantación e a comercialización dos seus viños. A súa descrición ampelográficacompleta (incluída o tipo de pelos que presenta), servirá para que poida entrar na devandita Lista e polo tanto entrar no circuíto comercial vitivinícola. En cor verde claro móstranse os pelos ergueitos, en cor verde máis escura os pelos tombados e en cor violeta os estomas.