Top

O infinito nas nosas mans

O infinito nas nosas mans

O INFINITO NAS NOSAS MANS
Que por que escollín esta foto? Pois ben, todos coñecemos un montón de cousas infinitas como por exemplo: as estrelas, os números, o tempo, os puntos dunha recta oyu tamém, podemos falar de cousas menos materiais comoo a ilusión, a xuventude, o amor… É inclible que un símbolo tan simple abarque cousas tan grandes e complexas. Esa é a esencia da ciencia. Con un pequeño detalle descubrir unha teoría, cunha curtísima fórmula desafiar a gravidad. Ou, neste caso, cun misto loitar contra a escuridade.
Todo isto desatouse unha tarde na que ecidira que tiña que facer unha sesión fotográfica sí ou sí. Cando acababa de chegar á casa, a miña avoa atopara unha caixa antiga de mistos. A miá cabeza reaccionou ao momento, e decidín que ía retar a miña cámara, deixando o rastro dun pao en chamas suspendido no aire no medio da noite.
Non foi tan complicado como pensaba. Collín a miña cámara, unha réflex (Canon EOS 1100D) , coloqueina nun estnante dun armario e púxcenlle o temporizador en 10 segundos.
Cerrei as persianas, e tratei de que houbese a mel¡nor luz posible. Xa estaba todo listo para comezar.
Saquei unha, duas, catro,… Ata seis fotos, pero esta era a máis curiosa. Simple, un oito deitado pintado de roxo alaranxado, peor con miles de cousas tras del.
Como se produciou isto? Os mistos, nun extermo, teñen como unha bola feita de diferentes materiais inflamables que en canto os frotas con algo rugoso, entran es combustión. Canto máis rugoso sexa o material frotado, antes acende, por iso as láminas laterais das caixas de mistos, son tan ásperas.
Na foto, vese claramente o camiño que foi recorrendo o misto. Isto débese a que os materiais do fósforo se fusionan co osíxeno e a chama segue viva durante un tempo.
Ata fai pouco , non comprenderá como un movemento podía aparecer nunha foto, como podía quedar imortalizado con un só “clic”. Agora xa o entendo, véxoo máis claro.
Cada foto, cada secuencia, está formada por varios pictogramas por segundo, dependendo da cámara. No caso da miña , oito pictogramas por segundo exactamente. Se nos puxésemos a descomponer a foto en pictogramas, veríamos como paso a paso se foi formando ese infinito de lume.
Se no medio deses pictogramas dos que antes falaba, introduxésemos unha foto dunha cor diferente, os nosos ollos non serían capaces de velo, de distinguilo. Tan só o noso cerebro captaría esa información, recoñecéndoa.
Esta técnica usábaa Hitler na época do nazismo para mentalizar a todos os cidadáns do seu sistema ditatorial e autoritario, porque din que unha imaxe vale máis ca mil palabras, e que todo o que percibimos “éntranos” primeiro polos ollos, causando unha sensación ou outra en función do que vexamos.
É obvio que con esta fotografía non pretendo conseguir o mesmo co ditador alemán, sería unha barbaridade, mais, quen sabe?, quizais alguén se poida inspirar vendo a imaxe , quizais saia algo aproveitable dunha tarde fotográfica dunha rapariga de quince anos.
Non é casualidade, é o destino; non é maxia, é ciencia.