Top

O pequeno mundo dos estomas

O pequeno mundo dos estomas

A imaxe é unha fotografía ao microscopio óptico dunha sección da epiderme do envés dunha fronde do polyplodium vulgare, pertencente a familia do fento e moi abundante en Galicia. Nela pódense observar os estomas, estruturas encargadas de regular o intercambio de gases e a transpiración. Os estomas encóntranse basicamente nas follas mais tamén noutras superficies da epiderme das plantas.

A imaxe é unha fotografía ao microscopio óptico da epiderme dunha fronde do Polyplodium Vulgare, pertencente a familia do fento e moi abundante en Galicia. Nela pódense observar os estomas, estruturas encargadas de regular o intercambio de gases e a transpiración. Os estomas encóntranse basicamente nas follas, sobretodo no envés, mais tamén noutras superficies da epiderme dos vexetais.

A fotografía obtivémola despois de realizar unha práctica de observación dos estomas ao microscopio óptico na clase de Bioloxía coa axuda do profesor Luís Alberto Samartín Biénzobas. Para realizar esta práctica separamos a epiderme do envés do Polyplodium cunhas tesoiras e colocámola no portaobxectos onde lle agregamos unha gotiña de auga e colocamos o cubre-obxectos. Observámolo ao microscopio cos diferentes aumentos e iso é o que obtivemos. Estamos afeitos a ver imaxes espectaculares tomadas con microscopios electrónicos que aparecen nos libros de texto pero é marabilloso a nitidez, a claridade coa que, de forma sinxela cun microscopio de alumno, pódense ver as diferentes estruturas que estudamos. Deste xeitos as clases e o estudo resultan moito máis amenas. É realmente como tocar a vida, vela con todo luxo de detalles.

Os estomas son especializacións das células da epiderme, cada estoma consta de dúas células oclusivas con forma arriñonada (Semellan labios) deixando un oco no medio, chamado ostíolo, polo cal transcorren a transpiración e o intercambio de gases. Tamén presentan células anexas que son fundamentais para regular a apertura e o peche do ostíolo, e aínda que non se aprecie na imaxe os estomas teñen unha cavidade subestomática ao outro lado do ostíolo.
O tamaño do ostíolo pode estar regulado por diferentes procesos, uns máis simples que outros pero todos están encamiñados ao aumento ou diminución da turxencia das células oclusivas mediante a entrada ou saída de auga:
-Se entra auga nas células oclusivas aumenta a turxencia, aumentando o volume e polo tanto provocando a apertura do estoma.
-Se sae auga desas células diminúe a turxencia, diminúe o volume e pechase o estoma.
Un dos procesos causantes disto e a luz, que provoca a absorción de ións por parte das células oclusivas e por un fenómeno osmótico entra auga neles. A ausencia de luz provoca o efecto contrario. Polo tanto os estomas permanecen abertos durante o día, cando hai luz e pechados durante a noite cando cesa a fotosíntese.
Outros factores como a concentración de gases, de azucares e a temperatura tamén afectan ao apertura e o peche do ostíolo.
Aínda así todo o anterior esta supeditado a controlar a deshidratación, se fai moito calor a planta pecha os estomas para evitar perder moita auga por evaporación o que produciría o marchitamento da planta. Resumindo, nun día seco a planta presentaría os estomas pechados e nun día húmido estarían ben abertos.
Os estómas tamén son básicos na absorción de auga polas raices, posto que fan efecto sifón. Este efecto consiste na evaporación de auga nas follas que, debido a elevada forza de cohesión da auga, provoca o ascenso do zume bruto polo tallo e este a sua vez provoca a absorción de auga nas raices.

Todo isto pode sonar moi engorroso pero é básico para a vida dos vexetais e, por conseguinte, para a nosa. Sen estas pequenas estruturas invisibles a simple vista os vexetais non poderían adaptarse aos diferentes medios e morrerían a causa de calquera variación. Pero é que na bioloxía o pequeno ten tendencia a ser decisivo.