Top

Os peixes mosca

Os peixes mosca

A foto amosa unha mesma foto con catro combinacións de cores diferentes. Trárase da visión dorsal dunha larva de peixe cebra de 5 días de idade. A tinción orixinal amosa inmunoreactividade no cerebro, non perceptible coas modificación feitas. Na parte superior de cada imaxe pódese aprecia-la magnitude dos ollos das larvas que xa a tan temprana idade poseen unha visión comparable á dos individuos adultos.

A evidente semellanza das imaxes coa cabeza das moscas (e outros artópodos) foi o que me impulsou a seleccionar esta foto.

A liña de investigación trata de usa-lo peixe cebra como modelo para investiga-los mecanismos moleculares causantes de certo tipo de deficiencias visuais, focalizado nas deficiencias na percepción da cor debida a mutacións en diversos xenes relacionados coa cascadada de fototransducción.