Top

Retina “on fire”

Retina “on fire”

A foto representa unha sección radial dunha retina de peixe cebra adulto. A cor azul é DAPI, que marca os núcleos das células. A cor verde débese a un anticorpo contra Zpr-1, un marcador específico de conos dobles (fororeceptores vermello e verde) e a cor vermella é debida a outro anticorpo contra Zpr-3, marcador de bastóns.

As capas dúas de núcleos pertencen ós núcleos das células horizontais, bipolares (na parte inferior) e ós núcleos dos bastóns (a capa superior). Na zona superior da figura aprécianse os segmentos externos dos bastones cun vermello intenso que da a impresión de lapas de lume.

A liña de investigación trata de usa-lo peixe cebra como modelo para investiga-los mecanismos moleculares causantes de certo tipo de deficiencias visuais, focalizado nas deficiencias na percepción da cor debida a mutacións en diversos xenes relacionados coa cascadada de fototransducción