Top

Tendendo pontes

Tendendo pontes

Para descubrir os ladrillos dos que está feito o universo os físicos construímos enormes instrumentos como o gran acelerador de partículas do CERN, o LHC. Neste anel de 27 km de lonxitude reproducimos a pequena escala a orixe do universo, o Big Bang, facendo chocar feixes de protóns a velocidades próximas á da luz. Así fomos quen de encontrar a partícula mais esquiva do modelo estándar da Física de Partículas, responsable de que ti e mai eu teñamos masa.

Non obstante o LHC tamén quere dar resposta a outras preguntas como por que no universo hai mais materia que antimateria? Se sabemos que nos pequenos Big Bang producidos no aceleradores creamos igual cantidade de materia que de antimateria, que fai que ao cabo duns instantes unha prevaleza sobre a outra?

O Grupo de Altas Enerxías da USC participa no experimento LHCb que tenta dar resposta, entre outras, a esta pregunta.

Para isto é necesario tender pontes.

Tender pontes entre o pequeno, as partículas elementais subatómicas, e o grande, o universo.

Entre as teorías no papel e a súa demostración con datos experimentais.

Entre as tecnoloxías dispoñibles e as necesidades de medición do experimento.

Entre o sensor de silicio da esquerda da foto que produce un sinal ao paso dunha partícula, o chip da dereita que o procesa.

Entre as proezas que realizan os investigadores nos seus laboratorios e o público